Zipi y Zape colaboran na sesión didáctica: «Animáis: os nosos amigos»

Decenas de animais no noso entorno, sofren o abandono por parte dos seus propietarios,  outros moitos conviven en fogares onde non se lles presta a adecuada atención que han de ter as mascotas.

Os Concellos de Mos e Porriño a través das súas Concellalías de Educación desenvolven conxuntamente un proxecto educativo para a mellora da convivencia cidadá en ambos municipios.

Un dos obxectivos marcados para este curso é concienciar ós escolares dos dereitos e deberes cidadás a través do coñecemento da realidade que lles rodea para favorecer o aprendizaxe dos valores humanos e desenvolver o respeto, interesese e o compromiso co seu entorno máis inmediato.

0s Concellos de Mos e Porriño  impulsan a sesión didáctica “Animais: os nosos amigos”  para achegar os nosos escolares ó mundo das mascotas e a importancia que estos teñen para a desenvolvemento da vida na nosa sociedade.

OBXECTIVOS

1.1.         Obxectivo xeral:

“Educar nas responsabilidades civís para a mellora da convivencia cidadá”

1.2.         Obxectivos específicos:

  • Concienciar ós pequenos da necesidade de desenvolver un bó trato hacia as distintas especies, sobor de todo as domésticas.
  • Promover a adopción responsable de mascotas
  • Coñecer de perto a profesión de veterinario/a.
  • Prevenir dende a infancia actitudes de pasividade frente o maltrato animal
  • Potenciar o sensibilidade hacia o entorno natural, os seres vivos, e o mundo animal.Desenvolver nos escolares actitudes de amor, respeto , compromiso e responsabilidade.

DESTINATARIOS/AS:

A actividade está dirixida ó alumnado de 3º curso de Educación Primaria de todos os centros educativos do concello de Mos ( Ceip de Atín-Cela, Ceip Mestre Martínez Alonso, Ceip de Petelos, Colexio Lar) e ó alumnado de 3º curso de Educación primaria de todos os centros educativos do Concello do Porriño (Ceip Xose Fernández López, Ceip de Atios, Ceip de Budiño, Ceip Antonio Palacios, CPI Ribeira, Ceip de Mosende, Ceip de Pontellas, Colexio Santo Tomás e Colexio Hnos. Quiroga).

Aproximadamente 400 escolares veranse beneficiados desta xornada de  sensibilización.

TEMPORALIZACIÓN e LOCALIZACIÓN

A  actividade desenvolverase durante os meses de Febreiro (Concello de Mos) e Abril (Concello do Porriño) en cada centro educativo.

A duración da sesión é de 75 minutos aproximadamente.

CALENDARIO DA ACTIVIDADE CONCELLO DE MOS

DATA                       HORA                         CENTRO     
15.02.2012              10.25-11.55                Ceip Atin-Cela
15.02.2012              12.15-13.45                Ceip Mestre Martínez Alonso
16.02.2012              9.30-11.00                  Colexio Lar
16.02.2012              12.00-13.30                Ceip Petelos

 

CALENDARIO DA ACTIVIDADE CONCELLO DO PORRIÑO

DATA                       HORA                         CENTRO     
12.04.2012              9.15-10.30                Ceip  Xose Fernández López
12.04.2012              11-12.15                   Colexio Irmáns Quiroga
12.04.2012              12.45-14.00              Colexio Santo Tomás
19.04.2012              9.15-10.30                Ceip Antonio Palacios
19.04.2012              11.00-12.15              CPI Ribeira
19.04.2012              12.45-14.00              Ceip Pontellas
26.04.2012              9.15-10.30                Ceip Atios
26.04.2012              11.00-12.15              Ceip Cruz de Budiño
26.04.2012              12.45-14.00              Ceip de Mosende

DESENVOLVEMENTO e  METODOLOXÍA DA ACTIVIDADE

A actividade é unha sesión didáctica interactiva que inclúe:

  • Power point  “Animais: os nosos amigos”
  • Coloquio dirixido
  • Xogo interactivo: “o que necesita a nosa mascota”
  • Reflexións sobre a adopción responsable
  • Presentación de Zipi, can de raza labrador que colabora na rehabilitación e socialización de persoas con dificultades.

A metodoloxía empregada será dinámica e participativa.

Na primeira parte da sesión o veterinario propiciará, cunha exposición ilustrada en power point, o coñecemento dos animais domésticos a través da historia e a súa contribución o noso benestar.

Na segunda parte da sesión realizarase, co apoio da educadora social e a monitora de tempo de lecer, un xogo interactivo cuio obxectivo é que o grupo aporta as necesidades que teñen as mascotas, identificando así tamén as responsabilidades e obrigas que os donos adquiren cos seus animais domésticos.

Na terceira e última parte da sesión destacarase tamén a función social que poden exercer as mascotas e a importante contribución á mellora da nosa calidade de vida e benestar. Presentarase a ZIPI, can de raza labrador, que desenvolve en Graña Saude, Centro de Reeducación Integral, unha función terapéutica de axuda a persoas con diferentes patoloxías e dificultades de socialización.

RECURSOS

a)    Recursos humanos, equipo técnico:

  • Pedro Luis Estévez Vila , veterinario. Colegiado  PO 570 – Clinica Veterinaria «ARS CANIS»
  • Mª Victoria Lago Candeira, educadora social. Colegiada 3.048 – Concellalía de Educación, Concello do Porriño
  • Natalia Alonso Alvarez, monitora de tempo de lecer en prácticas – OMIX –Concellalía de Educación, Concello de Mos
  • ZIPI, can terapeuta – Graña Saúde, Centro de Reeducación Integral

b)    Recursos materiales y técnicos:

Na aula:

  • Cañón, proxector

Material técnico e didáctico:

  • Ordenador
  • Power Point: “Animais: os teus amigos”
  • Xogo – composición “ O que necesita a nosa mascota”
  • Material didáctico de apoio á sesión (instrumental de aseo-hixiene, de xogo, de atención sanitaria, de identificación…)
  • Dípticos informativos

Ir al contenido